EL XI TORNEO DE BALONCESTO FEMENINO LOURENZÁ EN XOGO SE DISPUTARÁ DEL 17 AL 19 DE ABRIL Y CONTARÁ CON 20 QUIPOS

Onte presentouse a XI edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo. No acto estiveron Emma Álvarez Chao (alcaldesa de Lourenzá); Manuel Otero Méndez (responsable do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia); Pablo Maseda Fernández (concelleiro de Deportes en Lourenzá); e Mariano De La Torre Galindo (adestrador do equipo de Segunda Autonómica), entre outras persoas. Tiveron especial protagonismo os equipos infantil e cadete. O segundo acábase de proclamar campión da Liga Provincial e xogará a partir do 26 de abril o ascenso á Liga Galega.

A alcaldesa de Lourenzá destacou que o acto serviu para homenaxear as xogadoras dos equipos de baloncesto do municipio que lograron importantes éxitos nos últimos meses.
 
O XI torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo disputarase os días 17,18 e 19 de abril con 20 equipos correspondentes ás categorías infantil, cadete, junior e senior.