EL RECINTO FERIAL ACOGE LA PRIMERA FIESTA DEDICADA A LAS FABAS DE LOURENZÁ CON CALLOS MAÑANA, JUEVES SANTO. ESTÁ ORGANIZADA POR LA COMISIÓN DE FIESTAS DE SANTA CRUZ Y HOY ES EL ÚLTIMO DÍA PARA COMPRAR LAS ENTRADAS EN VENTA ANTICIPADA

O recinto feiral de Vilanova acollerá a primeira festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos mañá, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz e hoxe é o último día para comprar as entradas en venda anticipada, lembrou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
A rexedora municipal explicou esta mañá que “hoxe é o último día para mercar os tíckets da venda anticipada nos distintos establecementos comerciais de Lourenzá para a primeira edición da festa de fabas de Lourenzá con callos, que se celebra mañá no recinto feiral. As persoas que hoxe non poidan coller o tícket poderán mercalo mañá en taquilla por un prezo de 15 euros, que inclúe unha ración de fabas de Lourenzá con callos, outra de xamón a corte e outra máis de churrasco e criollo, ademais de postre, pan e bebida. Haberá unha discoteca móbil para animar a festa. Contaremos tamén coa presenza dos distintos equipos de baloncesto feminino que están disputando o torneo Lourenzá en Xogo que se fai, como de costume, durante a Semana Santa no noso concello”.
Emma Álvarez engadiu que “as persoas que se acerquen mañá a Lourenzá poden pasar un día completo no noso concello, posto que xa é de visita obrigada o Pazo de Tovar e o Centro de Interpretación dos Pazos en Galicia así como o museo de arte sacra e a igrexa de Santa María, na Praza do Concello. Ademais os que gusten do deporte, e sobre todo do baloncesto, poderán achegarse ao polideportivo municipal e pola noite rematar probando as nosas afamadas fabas de Lourenzá cun pouquiño de música e relax”.
A alcaldesa rematou comentado que o evento de mañá á noite “está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz, que o fan co ánimo de recadar fondos para celebrar a festa patronal, que será o segundo fin de semana de maio”.