LA MADALENA PARA EL DESFILE DEL MAYO QUE SE CELEBRARÁ EL PRÓXIMO DÍA 1 POR LAS CALLES DE VILANOVA SE ELEGIRÁ EN ESTA OCASIÓN POR SORTEO ENTRE LAS NIÑAS Y JÓVENES DE 10 A 17 AÑOS QUE SE PRESENTEN. EL PLAZO CONCLUYE ESTE VIERNES, 25 DE ABRIL

A Madalena para o Desfile do Maio que se celebrará o vindeiro día 1 polas rúas de Vilanova de Lourenzá elixirase nesta ocasión por sorteo entre as nenas e rapazas do concello con idades comprendidas entre 10 e 17 que se presenten. O prazo remata este venres, 25 de abril.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, anunciou hoxe que “imos presentar esta semana as novidades que terá o desfile que o tradicional Maio fai polas rúas da vila o día 1 de maio. A primeira delas consiste na elección da figura da Madalena, que é a dama que representa á primavera e que desfila subida a un carro engalanado de flores. Nesta ocasión imos facer un sorteo público, que será o vindeiro luns, 28 de abril, ás seis e media da tarde na biblioteca municipal, entre todas aquelas nenas e rapazas laurentinas de entre 10 e 17 anos que ao longo desta semana na que nos encontramos acudan a anotarse á biblioteca municipal en horario de 5 a 8 da tarde. Deben ir cun adulto, o pai ou a nai, para que asine a correspondente autorización que lle permita participar no sorteo e optar a converterse na Madalena nesta edición do desfile do Maio”.