SUPER MARTÍN PARDIÑAS, UN HÉROE EN LOS MONTES DEL BIERZO, GRANDE!!!

A sección de atletismo estivo representada na "101 Peregrinos" o pasado sábado día 3 de maio por Martín Pardiñas, todo un fenómeno que entrou na meta en 5 horas e media despois de percorrer 48 kilómetros entre os 11 primeiros da xeral.

Permitímonos o luxo de transcribir as primeiras impresións de Martín a través do seu muro de facebook nada máis rematar a proba: "Ei facer unha cronica da carreira!! Pero para q sepades algo qedei 11º da mia categoria e entre os 20 primeiros da general con un tempo de 5horas e 29minutos a unha hora do 1º q é un crak!!! Experencia única pasei momentos bos, moi bos, malos! Pero merece a Pena!! Acordeime moito dos consellos do maestro Siro que lle dou mil grazas x axudarme e dos meus amigos das Escolas Deportivas Lourenzá, e como non de Lucía q estubo conmigo en todo momento cuidadonme e animandome. Na cronica nombrarei a máis xente q estuvo presente!! Grazas a todos e saude e km!!!"

 

Ademáis este sábado pasado a sección de atletismo estivo participando dunha forma moi numerosa na I carreira da ruta da auga de Mondoñedo, destacando a participación de  Manuel Folgueira coa segunda posición sénior masculina e Loli Piñeiro e Marisa Ares ocupando a 1ª e 2ª posición en veteranas femininas.