MAÑANA, VIERNES, FINALIZA EL PLAZO DE INSCRIPCIÓN PARA EL VIAJE GRATUITO AL COMPLEJO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA, EN CERCEDA, Y QUEDAN ALGUNAS PLAZAS LIBRES

O Concello de Lourenzá ten aberto ata mañá, venres, o prazo para inscribirse na viaxe gratuíta a Cerceda para que os veciños visiten o complexo medioambiental de Sogama o vindeiro luns, día 9.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “con motivo da celebración o vindeiro 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente o Concello de Lourenzá xunto con Sogama invitamos aos nosos veciños a visitar o complexo medioambiental que teñen en Cerceda. Esta viaxe é para todas as persoas adultas que queiran facelo, de xeito gratuíto. Saírase ás oito e media da mañá de Lourenzá. Esta experiencia, na que estas persoas que irán dende Lourenzá serán atendidas por educadores medioambientais que tamén van acompañalos durante todo o percorrido guiado polas instalacións, pensamos que contribuirá notablemente á concienciación da cidadanía na correcta xestións dos residuos urbanos, toda vez que nas súas mans está a posibilidade de producir menos lixo, de reutilizar ao máximo os produtos e, por suposto, de separar correctamente o lixo depositando cada material no colector correspondente. Só así poderemos garantir o seu posterior reciclado”.
A rexedora engadiu que “ademais dos beneficios ecolóxicos, a práctica do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) axudará a diminuír os custos que supón o servizo de xestión e tratamento de residuos urbanos para as arcas locais. Por ese motivo animamos a todos os veciños que queiran coñecer de preto o complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda, a que se anoten no noso Concello, nas oficinas do técnico de emprego ou no teléfono 982.12.10.06 ata mañá, venres, día 6”.