LOS ALUMNOS DEL TALLER DE MEMORIA ORGANIZADO POR EL AYUNTAMIENTO VISITARON EL PAZO DE TOVAR ACOMPAÑADOS POR LA ALCALDESA, LA CONCEJALA DE CULTURA Y LA EDUCADORA FAMILIAR

Os alumnos do taller de memoria organizado polo Concello de Lourenzá visitaron o Pazo de Tovar acompañados pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; a concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane; e a educadora familiar, Dolores Vilasuso, que é a encargada desta actividade.
Lupe Flórez explicou que “os alumnos dos tres grupos do taller de memoria pasaron unha xornada de confraternidade no entorno do Pazo de Tovar. Foi unha das súas últimas actividades deste curso, que se clausurará cunha viaxe na última semana deste mes. A tarde estaba pensada para que os membros do taller coñecesen de preto o patrimonio do noso concello, neste caso o rehabilitado Pazo de Tovar, que a maioría coñecían polo exterior pero nunca tiveran oportunidade de velo por dentro. A xornada comezou cunha visita guiada polo monumento, na que os participantes rememoraron anécdotas do pasado relacionadas co propio pazo, e rematou cunha merenda que se prolongou ata ben avanzada a tarde”.