ROBERTO RAMALLAL, NUEVO TÉCNICO DEL 1er EQUIPO DE LAS E.D. LOURENZÁ

Roberto Ramallal estará a vindeira temporada ó fronte do 1º equipo de fútbol das Escolas Deportivas Lourenzá. O que fóra esta temporada técnico do Castro en Preferente comprometeuse esta vindeira temporada coa directiva e secretaría técnica do clube para intentar guiar a nave roxiblanca de novo a 1ª autonómica.
Roberto Ramallal coincide que ten experiencia en segunda autonómica pois fai dous anos dirixiu ó Iberia nesta categoría alcanzando o ascenso ó final da mesma temporada.
Ademáis o técnico mirará hacia a base para seguir coa filosofía do clube, que non é outra que mimar as categorías infantil, cadete e xuvenil para que logo podan dar o paso ó fronte do primeiro equipo.
En canto ó capítulo de xogadores, en principio cóntase coa renovación de case todos os membros da plantilla e non se descartan altas, e de momento confírmanse as baixas do porteiro Dani Pérez e do central Isaac Fdez que ficha polo Viveiro. Incorporaranse ó primeiro equipo os xuvenís Pichi, Diego López e Adrián Reimonde.