LA JORNADA LÚDICA CON JUGUETES TRADICIONALES Y JUEGOS POPULARES REUNIÓ A UN CENTENAR DE PERSONAS EN LA PLAZA DEL CONDE SANTO

A xornada lúdica con xoguetes tradicionais e xogos populares reuniu a un centenar de persoas na praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, onte, martes, pola tarde.
A iniciativa foi promovida por profesores e alumnos do IES Indalecio Pérez Tizón, de Tui, que están pasando uns días no municipio. A eles uníronse un bo número de veciños de Lourenzá, a maior parte deles nenos e nenas, que gozaron con diferentes xogos e xoguetes como os que se usaban hai varias décadas: arcos, tirachinas, gorros feitos con follas de árbores, etcétera.