EL AYUNTAMIENTO DE LOURENZÁ PONDRÁ EN MARCHA EL PRÓXIMO 15 DE JULIO LOS CURSOS DE NATACIÓN PARA NIÑ@S MAYORES DE SEIS AÑOS. LAS ACTIVIDADES DURARÁN HASTA EL 15 DE AGOSTO Y SE LLEVARÁN A CABO EN LA PISCINA MUNICIPAL

A Concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez  Seivane, foi a encargada de anunciar a posta en marcha dos cursos de natación que se levarán a cabo, entre o 15 de xullo e o 15 de agosto, na piscina municipal. Neles poderán participar “tódolos nenos maiores de seis anos, ou ben que os vaian a cumprir neste ano 2014”, tal e como explicou Flórez.
A Concelleira recordou que “a piscina municipal leva aberta dende o día 1 de xullo e será a partir do 15 deste mesmo mes cando se oferten os cursos de natación”. Unha actividade que, como recordou Lupe Flórez, “xa ven sendo habitual nos últimos anos.” 
Dende o Concello explican que “poderán participar tódolos nenos nacidos dende o ano 2008 cara atrás”, tal e como comentou a concelleira na presentación da actividade. Lupe Flórez tamén deu a coñecer o horario dos cursos, que se levarán a cabo os martes e os xoves pola mañá, en agrupamentos diversos segundo o nivel de natación dos nenos participantes.
Todos aqueles veciños que queiran inscribirse ou recibir unha información máis detallada sobre os cursos poderán facelo a partir de hoxe nas oficinas municipais. Alí, encontrarán toda a información pertinente.