FIN DE SEMANA DE SENDERISMO POR ASTURIAS, LOS DÍAS 12 Y 13 DE JULIO

Aínda coa resaca dunha fin de semana intensa coa ruta de Burela (Serra do Buio-Monte Castelo) e Todos Cara Tovar (Ruta Pena do Castelo), estamos xa a pensar na vindeira andaina, que xa non queda nada. Trátase da SENDA DO OSO, A RUTA DAS XANAS E A SENDA DO VALDOLAYÉS, en Asturias. Por primeira vez, a Asociación de Sendeirismo Terrás de Lourenzá anímase a organizar unha ruta de fin de semana pernoctando fóra, e a zona elixida foi o noso "país" veciño, Asturias. Como podedes comprobar no programa trátase dunha fin de semana moi entretida. Recorreremos a tan coñecida Senda do Oso, cos seus cercados oseros, poderemos visitar o Parque da Prehistoria e ir á Gran Noite Prehistórica, recorrer a Ruta das Xanas e a Senda do Valdolayés, disfrutar da fabulosa gastronomía asturiana, e pasar unha fin de semana diferente.
 
¡¡¡¡NON A PERDADES!!!!