Lourenzá, 19 de xuño de 2013. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá un curso de manipulador de alimentos este vindeiro sábado, día 22, a partir da dez da mañá.
Esta actividade formativa está organizada polo Concello de Lourenzá e a empresa Sea, qué unha firma dedicada a traballos de laboratorio, asesoría alimentaria e centro de formación.
O prezo da matrícula é de 30 euros e os interesados en inscribirse ou obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 690.012.783 ou 982.121.006.