5 ATLETAS DA SECCIÓN DE CICLISMO DAS ESCOLAS ESTARÁN O VINDEIRO VENRES 24 DE AGOSTO NA PREVIA CICLOTURISTA DA “VUELTA A ESPAÑA”

Ángel Prado, Emérito Fdez, J. Antonio Glez, Félix Cabanas e Francisco Álvarez participarán na marcha cicloturista previa ó inicio da VUELTA CICLISTA A ESPAÑA, en solidaridade cos afectados polo fatídico accidente de tren de Angrois. Personalidades como Fernando Escartín, Carlos de Andrés ou Perico Delgado subirán ás bicicletas na marcha Pedaladas pola lembranza. Esta comenzará ás 9.30 horas da mañá e percorrerá 127 kilómetros con saída no Peirao de Vilanova de Arousa e chegada ó Monte Lobeira.

Ó Día seguinte (sábado 25 de agosto) estarán disfrutando da etapa inaugural da volta ciclista, a crono Vilanova de Arousa – Sanxenxo.