ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ TEMPORADA 2015 2016!!!!

Dende o día de hoxe está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas para a temporada 2015 - 2016 e finalizará o mércores día 23 de setembro.

Os alumn@s das Escolas por 6 euros ó mes poden anotarse en todas as actividades que se ofertan, que un ano máis van dende o fútbol, fútbol sala, campo a través, atletismo, baloncesto, bádminton, tenis de mesa ata o patinaxe artístico.

As edades van dende a categoría pitufos (2011/2010) ata a xuvenil (98/97) pasando por prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.

Para anotarse debese de entregar a ficha de inscripción nas dependencias municipais do Concello de Lourenzá dende as 9,00 ás 14,00 horas ou ben vía intranet simplemente cumprimentando unhos datos a través da páxina www.edlourenza.blogspot.com.

Éste é o ano do XX Aniversario de funcionamento das Escolas, polo que ó longo da temporada programarase algunha actividade especial para celebrar este momento.

A disfrutar co Deporte!!!