Máis dun centenar de persoas, entre adultos e nenos, gozaron das actividades para conmemorar o Día do Medio Ambiente celebradas o pasado fin de semana en Lourenzá e que foron organizadas polo Concello.
O venres houbo obradoiros medioambientais para nenos e nenas na praza do Conde Santo e o domingo inaugurouse a ruta de sendeirismo Val de Lourenzá, coa colaboración da asociación Terras de Lourenzá.