Sorpresa que nos daba Fer Vallines con un lanzamento por encima dos 10 metros (10,28) co que alcanzaba o título na categoría infantil, seguido por Angel García (7,46) e de Brais Díaz(6,65). Completaba a súa actuación Fer participando nos 60 lisos co que lograba con un 9,58 ser 2º de serie e 6º da xeral.
Ademáis tivemos a representación de Henar, Ian Méndez e Ana Vallines.
Henar Méndez nos 60 lisos, 5ª da xeral cun un 10,52 e boa actuación nos 500 con unha 6ª posición e un 1,45,57.
Ana Vallines participaba nos 300 e nos 1000 a pesar de non ser probas da súa especialidade. 5ª nos 300 con un 47,74 e 9ª nos 1000 con un 3,27.
E Ian Méndez realizaba un tempo de 3,35 en 1000 lisos(12ª posición) e era 5º de serie nos 60 lisos con un 10,22.
Noraboa, rapaces!!! Seguimos!!!