Nacional de Patinaxe, según a adestradora Tania Irimia:
"Unha experiencia máis para o saco!
Tras unha semana chea de ensaios, nervios, subidas e baixadas, pero sobre todo moita ilusión e impaciencia por que chegara o gran día, hoxe podo dicir que todo o traballo tivo a súa recompensa. Non chegamos ó podium, quedamos case ás portas, pero coa cabeza ben alta e sen perder a esperanza!
Obtivemos o posto 22 e 25 dentro da nosa categoría e compartimos pista con case 150 patinadores máis, todo un orgullo para nós.
Só me queda dar as gracias a todas aquelas persoas que nos apoiaron desde o minuto 1 pero sobre todo a estas dúas campionas por todo o seu traballo e esforzo. Graciñas de corazón!"