Non hai carreira que se lles resista. O pasado sábado as atletas do Maderas Barcia viaxaban á prestixiosa popular de Padrón onde impoñían a súa lei na categoría benxamín Iria e na infantil Ainara; nunha carreira onde participaron máis de 1500 atletas.
En Infantil Feminino Ainara Rguez. gañaba por diante dunha das sensacións da temporada pasada Deki Mato do Millaraio de Santiago e de Noelia Castro tamén do Millaraio.
E en benxamín Iria facía o mesmo por diante d María Fuentes de Marín e de Alba Isorna de Catoira
O resto do equipo prepara xa o vindeiro fin de semana, co galego xuvenil de pista cuberta o vindeiro sábado en Riazor e o provincial de pista cuberta de menores o vindeiro domingo en Lugo.