Os atletas de Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo están dando guerra unha temporada máis, e está claro que a Ainara non hai popular que se lle resista. O pasado sábado en Lugo Ainara Rguez, na categoría de 8 a 12 anos vencía de novo con autoridade e obtiña o 1º posto da carreira. Ademáis, Nicolás Rguez. lograba entrar en 3ª posición e acadaba a medalla de bronce. Na categoría de 4 a 7 anos, Iria Rguez. daba a sorpresa e vencía na espectacular Carreira Eon mentras a súa compañeira Henar Méndez obtiña o subcampionato.
ENVIAMOS A CRÓNICA DE ATLETISMO LOURENZÁ (ADULTOS):
O club atletismo Lourenzá (tras a súa presentación oficial o venres pasado) acude ó día seguinte, con prácticamente a totalidade dos seus membros, á carreira nocturna organizada por "Eon" a favor de cáritas :EON NIGHT RACE 2014. A carreira reuniu un total de 521 atletas masculinos entre os cales Marcos, Gonzalo e Manolo conseguiron colocarse entre os 100 primeiros participantes ( postos 31, 59 e 96 respectivamente).
As rapazas do clube, pola súa parte, participaron nun grupo de atletas que reunía 185 féminas donde os postos máis destacados correron a cargo de Marisa(23), Begoña Iglesias (75) e Begoña González (82).
Ó día seguinte Marcos, Graña e Gavín repetiron participación acudindo á media maratón de montaña da Pontenova xunto cos compañeiros Martin e Loli. Alí acadaronse postos moi interesantes como o de Martín que entrou 10º en meta (quinto da súa categoría senior) e Marcos que entrando no posto 17 da xeral remata tamén con un quinto posto na categoría " veteranos A".