O pasado domingo a atleta de Maderas Barcia Ainara Rguez. volvía a demostrar que está nun momento de forma envidiable. A pesar de pasar de categoría alevín a infantil e ser unha atleta de primeiro ano foi capaz de impoñerse na prestixiosa carreira de Ferrol o pasado domingo día 9 de novembro diante de preto de 100 atletas.
Nesta prestixiosa "II Edicion Contra el Cancer - Corre por Ferrol" Ainara Rguez impoñíase con un tempo en meta de 3,55 despois de percorrer 1100 metros.
Ademáis, Iria Rguez. lograba o subcampionato na categoría benxamín feminino e Ian Méndez lograba o bronce na categoría benxamín masculino.
Pola súa parte a sección de atletismo de adultos tamén estivo presente en Ferrol colaborando con esta causa solidaria:
Marcos Rguez, posto 23 con un tempo de 18,30
Loli Piñeiro, posto 9 con un tempo de 23,16
Marisa Ares, posto 11 con un tempo de 24,00
Begoña Glez, posto 46 con un tempo de 27,43.