Os Atletas do Maderas Barcia Lourenzá seguen de moda:
Actuación das guerreiras cadetes!!!
Onte domingo Ainara Rguez. volvía unha vez máis ó cetro autonómico do medio fondo galego.
Con un tempo de 1,40,93 proclamábase campiona dos 600 lisos coa mellor marca do ano ó aire libre.
Ademáis o clube sube ó pódium por primeira vez a nivel autonómico en categoría cadete nos 1500 obstáculos da man de Uxía Salvatierra, con un tempazo de 5,55,43.
Participaron ademáis as guerreiras:
Carme Alonso, que sae dunha lesión para ser 11ª nos 3000 lisos con 12,48.
Mariña Salvatierra, 10ª nos 1000 lisos con 3,32,29.
María Vallines, 7ª en martelo con un mellor lanzamento de 27,21.
E Ana Avallines, na que un catarro a distanciou dos metais, sendo 9ª en altura con 1,33 e 11ª en 1000 con 3,47,99.