A ALCALDESA ANUNCIA O PROCEDEMENTO ESTABLECIDO PARA SOLUCIONAR AS AFECTACIÓNS QUE PODEN CAUSAR NA RECEPCIÓN DA TDT OS NOVOS SERVIZOS MÓBILES LTE

Lourenzá, 10 de febreiro de 2016. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, fixo público un aviso no que anuncia o procedemento establecido para solucionar as afectacións que poden causar na recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT) os novos servizos móbiles LTE.

A rexedora municipal explica que “a chegada dos novos servizos móbiles LTE sobre a banda de frecuencias de 800 HZ  pode levar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT) polo que o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Orde IET/329/2015, de 26 de febreiro de 2015, estableceu o procedemento de actuación para solucionar este tipo de problemas, garantindo que as molestias ós cidadáns sexan mínimas e a súa solución gratuíta. A empresa llega800 será a encargada de resolver calquera tipo de afectación que poida producirse a calquera usuario de TDT e habilita un teléfono  de atención gratuíto e unha páxina web, á cal poden recorrer tódolos usuarios para solicitar a actuación nas súas instalacións coa finalidade de solucionar as afectacións, de modo que poida restablecerse  o servizo de TDT  con toda normalidade. A estes efectos infórmase que o número de teléfono de atención gratuíto para os cidadáns é o 900.833.999 e tamén poden informarse a través da páxina web www.llega800.es”.