A ALCALDESA CONSIDERA QUE A DECLARACIÓN DO CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE CONTRIBUIRÁ A DAR A COÑECER OS ATRACTIVOS DO MUNICIPIO EN TODO O MUNDO

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, considera que a declaración do Camiño Norte de Santiago como Patrimonio da Humanidade é moi positiva para o municipio porque contribuirá a dar a coñecer os seus atractivos en todo o mundo.

A rexedora manifestou que “é unha forma de dar a coñecer toda a riqueza non só paisaxística senón tamén arquitectónica e cultural que ten o noso concello. Isto contribuirá dun xeito moi importante a que Lourenzá sexa escollido como destino turístico. Será sen dúbida un reclamo e un atractivo para todos os peregrinos e fará que Lourenzá sexa máis coñecida non só a nivel nacional senón tamén en todo o mundo”.