A ALCALDESA FIXO PÚBLICO UN BANDO SOBRE OS CAMBIOS NO TRÁFICO DE VILANOVA DURANTE A CELEBRACIÓN DAS FESTAS DO CONDE SANTO, DENDE MAÑÁ ATA O LUNS

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo público un bando para informar do corte dalgunhas rúas da vila co motivo da celebración das festas patronais do Conde Santo 2013, dende mañá, venres 30 de agosto, ata o luns 2 de setembro.

Mañá a partires das 15:00 horas procederase ó corte das rúas Fernández del Riego, Muíño do Frade e Secretario Luis Iglesias. Ó día seguinte, sábado 31, a partires das 9:00 horas interromperase o paso de vehículos polas vías “Avenida do Val, Travesía da Mariña e un tramo da Avenida de Mondoñedo, Avelino Montero Villegas”, segundo se indica no bando.

Mentres non finalicen as festas o trazado alternativo descorrerá pola estrada de Trabada e pola pista que descorre por detrás do Mercado Comarcal Gandeiro ata a rúa Casas Novoa, que accede directamente ata a vila. Tamén será trasladada a parada de autobús ata a Praza Julia Minguillón, ó lado do Bar Cabaleiros.