A ALCALDESA PARTICIPOU NA MANIFESTACIÓN CELEBRADA HOXE EN SANTIAGO EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, participou na manifestación celebrada hoxe en Santiago de Compostela en defensa do sector lácteo.

A rexedora explicou que estivo nesa mobilización “masiva, cos miles de gandeiros e gandeiras galegos, para esixirlle ao goberno da Xunta e ao señor Feijoo que escoite e axude dunha vez por todas ao noso rural e que free o desmantelamento e o desprezo que está a sufrir a gandaría de leite en Galicia. É preciso loitar por uns prezos dignos para o leite, porque a situación actual é insostible e os nosos gandeiros están vendendo a uns prezos tirados que non lles cobren nin de lonxe os custes de produción”.

Rocío López engadiu: “temos que unirnos, facer forza entre todos e loitar para defender o traballo digno dos nosos gandeiros e gandeiras. Fun a Santiago cos gandeiros e gandeiras de Lourenzá a sumar esforzos e unir a nosa voz á do resto de gandeiros da Mariña e de Galicia enteira para garantir que os gandeiros galegos e todas aquelas persoas que viven dun xeito directo ou indirecto do leite podan facelo dignamente. O goberno de Feijoo non pode facer caso omiso ás voces dos gandeiros galegos. Ten que actuar, porque nas súas mans está o futuro e a supervivencia das explotacións de leite galegas”.

 

A ALCALDESA PARTICIPOU NA MANIFESTACIÓN CELEBRADA HOXE EN SANTIAGO EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO