A ALCALDESA PIDE NUN BANDO A COLABORACIÓN DOS CIDADÁNS PARA RECOLLER OS EXCREMENTOS DOS ANIMAIS NAS VÍAS E ESPAZOS PÚBLICOS DO MUNICIPIO

Lourenzá, 26 de novembro de 2015. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, acaba de publicar un bando no que pide aos veciños do municipio a súa colaboración para manter limpas as vías e espazos públicos dos excrementos das mascotas, recordando que é obriga dos propietarios recoller os restos que deixan os seus animais.

“As feces caninas depositadas na vía pública constitúen un grave problema. A súa presenza nas nosas rúas representa un risco importante para a integridade física dos cidadáns, xa que poden ocasionar deslizamentos e caídas, e constitúen ademais un perigo potencial de contaxio de enfermidades graves, especialmente para os máis pequenos, que nos seus xogos entran facilmente en contacto cos pavimentos das rúas, prazas e parques infantís. Con esta finalidade o Concello colocou bandos nos parques principais e nas zonas verdes do casco urbano. Manter o pobo limpo é unha labor de todos e por iso pedimos a colaboración veciñal”, explicou a rexedora municipal, que fixo público o bando “ante as innumerables queixas dos veciños”. 

Ver bando en pdf