Almudena Puente poderá debutar esta semana no equipo de Nacional de Juan Nécega. Esta pívot, formada nas categorías inferiores do Ensino participou durante dúas temporadas en Liga Feminina-2 co Maquinaria Durán Ensino e o ano pasado xogou en Nacional con Maristas Coruña. Esta xogadora reforzará sen dúbida o xogo interior do equipo, algo que buscaba o técnico Juan Nécega.
Así pois xunto con Almudena estarán este vindeiro domingo no Municipal de Lourenzá abrindo a liga as xogadoras sub-23 que estén vinculadas ó equipo de Liga Feminina: Sara Cuíña, Rocío Varela e a santanderina Tamara Montero. Ademáis estarán a disposición de Juan Nécega Andrea Meilán, Marly Varela, Sabela Uriz e Marta García que xa adestran esperando o debut do 5 de outubro diante do Universidade de Salamanca xunto coas junior de Liga Galega que tamén terán minutos en Nacional.
A plantilla non se da por pechada de momento, esperando algún reforzo se xurde a oportunidade.