ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO SERRA DA CADEIRA III REALIZAN TRABALLOS PARA A RESTAURACIÓN AMBIENTAL DAS CONCAS DOS RÍOS BAOS E BATÁN AO SEU PASO POLO MUNICIPIO. A ALCALDESA SUPERVISOU OS LABORES NA PARROQUIA DE SAN ADRIANO

Alumnos do obradoiro de emprego Serra da Cadeira III realizan traballos para a restauración ambiental das concas dos ríos Baos e Batán ao seu paso polo municipio de Lourenzá. A alcaldesa, Rocío López, supervisou os labores na parroquia de San Adriano, concretamente no lugar de Ríos.

A rexedora municipal anunciou hoxe que “os alumnos do módulo de xardinería do obradoiro de emprego Serra da Cadeira III están a realizar estes días os traballos de limpeza para a restauración ambiental das concas dos ríos Baos e Batán ao seu paso por Lourenzá. Estase a actuar nas marxes dos ríos, naquelas zonas de ribeira e de servidume que presentan cúmulos de masa vexetal e materiais de desfeito que obstaculizan o paso normal das augas”.

Rocío López explicou que “é fundamental manter os ríos limpos e en bo estado para evitar así os graves prexuízos que provocan as crecidas nos meses de inverno. Pretendemos estar preparados para cando chegue a choiva e poder paliar os estragos que causan as inundacións sobre os terreos de cultivo e sobre as vivendas que sempre se ven afectadas. Estas tarefas están tamén encamiñadas a favorecer o desenvolvemento da vida da flora e a fauna da zona de cara a un coidado sostible do hábitat e da natureza”.

ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO SERRA DA CADEIRA III REALIZAN TRABALLOS PARA A RESTAURACIÓN AMBIENTAL DAS CONCAS DOS RÍOS BAOS E BATÁN AO SEU PASO POLO MUNICIPIO. A ALCALDESA SUPERVISOU OS LABORES NA PARROQUIA DE SAN ADRIANO