A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ, ORGANIZOU ESTE DOMINGO DÍA 04 DE AGOSTO DE 2013 UNHA RUTA DENDE A PONTE DA ESPIÑEIRA ATA A AREA RECREATIVA DE A CAZOLGA

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou este domingo día 04 de Agosto de 2013 unha Ruta dende a Ponte da Espiñeira ata a Area Recreativa de A Cazolga, unha ruta duns 12 km aproximadamente e de dificultade baixa. O día estivo perfecto para camiñar e a ruta permitiu aos sendeiristas desfrutar da natureza no seu estado máis puro xa que todo o percorrido transcorreu por unha fermosa paisaxe ao son do Río Masma. A ruta culminou na Área Recreativa de A Cazolga, onde parte da organización esperaba aos camiñantes cunha cervexa ben fría e con toda a comida a punto para repoñer forzas, todo isto amenizado por un Dj que lle puxo o punto musical á actividade. Rematouse cunha gran queimada e coa maioría dos participantes bailando ao ritmo da música.

Foi a primeira ruta deste estilo que organizaba a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, e dende a organización quedamos moi satisfeitos tanto por ver o resultado dun bo traballo como pola participación e colaboración dos amantes do sendeirismo, polo que queremos agradecer e dar as gracias a todos cantos participástedes nesta actividade.