A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá bota de novo a andar no 2014. Para iniciar este novo ano vamos recorrer a Ruta do Ferrocarril (Vía Verde), en A Pontenova, unha distancia duns 12 km e de dificultade baixa. Sairemos ás 09:30 horas do Cantón de Vilanova de Lourenzá, e voltaremos para comer nas nosas casas. Recoméndase levar foco xa que hai que atravesar algún túnel. Os interesados poden inscribirse a través do corrreo electrónico "terrasdelourenza@gmail.com" ou dos teléfonos 982121006 (Pepe) ou 619828784 (Pura), rematando o prazo o próximo xoves 16 de Xaneiro, ás 14: 00 horas.
Animamos a tódolos amantes do sendeirismo a que disfruten desta preciosa ruta con nós.