A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO "TERRAS DE LOURENZÁ" REALIZARÁ NO VINDEIRO MES DE MAIO UNHA NOVA CAMIÑATA

A Asociación de Sendeirismo "Terras de Lourenzá" realizará no vindeiro mes de maio unha nova camiñata. Nesta ocasión, e baixo o lema "Ruta dos barrios", realizarán un percorrido de 12 kms. e dificultade baixa, por distintos recunchos da "vila" (como popularmente se coñece á capitalidade do Concello de Lourenzá), para desfrutar dos encantos que se aprecian coa ollada de camiñante e que soen pasan desapercibidos na vida diaria.

O punto de partida será no entorno da Capela da Santa Cruz, ás 10 da mañá, do domingo, 10 de maio. Despois de realizar o trazado circular, confluirán novamente no mesmo lugar, para desfrutar dunha comida campestre conxunta, aproveitando a celebración da Romaría da Santa Cruz, que ten lugar durante esa fin de semana.

Anotan ata o xoves, 7 de maio; e o prezo é de 15€ para costear o xantar.

 

A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO "TERRAS DE LOURENZÁ" REALIZARÁ NO VINDEIRO MES DE MAIO UNHA NOVA CAMIÑATA