TERRAS DE LOURENZÁ REMATARÁ ESTE SEU PRIMEIRO ANO CUNHA ÚLTIMA ANDAINA, DESTA VEZ BOTARASE A ANDAR POLA SERRA DE MEIRA, PARA FACER A RUTA MIÑO-EO, O TRAMO PEDREGAL DE IRIMIA - A CAROTA

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá rematará este seu primeiro ano cunha última andaina, desta vez botarase a andar pola Serra de Meira, para facer a Ruta Miño-Eo, o tramo Pedregal de Irimia - A Carota podendo disfrutar dunha paisaxe incomparable e pasmosa. Será este mesmo domingo, día 22 de Decembro. Trátase dun paseo de 14 km e de dificultade media/alta.

Sairase ás 9:00 horas do Cantón de Vilanova de Lourenzá, e ten un prezo de 18€ para os socios e de 25 € para os non socios; prezo que inclúe viaxe e comida en restaurante. A data límite para apuntarse é o martes día 17 de Decembro ás 14 horas nos teléfonos 982121006 / 636679512 (Pepe) ou 658 097133 (Miguel) ou tamén o poden facer a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com.

Recoméndase levar botas e bastón.

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, anima a todo o mundo a participar desta fermosa ruta.