A “Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio” organizou o pasado sábado un roteiro polo patrimonio civil e relixioso de Lourenzá en colaboración co Concello e os responsables parroquiais.
Esta actividade consistiu na visita cultural ás igrexas parroquiais de San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adrao, ao Pazo de Tovar e ó Mosteiro de San Salvador, rematando a xornada nun pequeño paseo por algún dos recunchos con máis encanto da vila.
O obxetivo foi dar a coñecer e difundir un pouco máis a importante riqueza patrimonial existente no concello, e que constitúe un dos seus principais reclamos turísticos.
Dende a Área de Turismo do Concello de Lourenzá agradécese a Mariña Patrimonio o seu interese e a súa labor a prol da difusión e conservación do patrimonio galego. Ademáis, animamos a outras asociacións e entidades que desexen realizar actividades tan interesantes e enriquecedoras coma esta a achegarse a este recuncho da Mariña Luguesa, onde estaremos encantados de informalos e colaborar na organización deste tipo de eventos e xornadas.
http://mrpatrimonio.blogspot.com/2018/08/conecendo-o-patrimonio-civil-e.html