Lourenzá, 26 de novembro de 2012. O Concello informa que ata o 5 de decembro está aberto o prazo para solicitar a participación no programa Xuntos polo nadal, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar. Dito programa quere que as persoas maiores residentes en Galicia e que polo Nadal se atopen soas, pasen estas datas acompañadas, polo que ofrece nunha estancia dende o 23 de decembro do 2012 ata o 1 de xaneiro do 2013 na residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán) e na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense). Haberá servizo de transporte gratuito desde as sete grandes cidades galegas. O programa contempla aloxamento en réxime de pensión completa durante 10 días.
Xuntos polo nadal está dirixido ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maior de 60 anos que se valen por sí mesmas, non sufran ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou trastornos mentais ou de conduta, que teñan un nivel de ingresos económicos baixos e vaian star soas no Nadal. Como novidade este ano os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€) asistirán de forma gratuíta e os que superen dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 euros.
A documentación que deben presentar os interedados en participar en Xuntos polo nadal é a seguinte: solicitude, declaración responsable, informe social e no caso de ingresos procedentes do extranxeiro, certificación deses ingresos.
Os interesados en disfrutar deste programa poden achegarse ata o despacho da traballadora social do Concello de Lourenzá no Torreón dos Frades en horario de mañá.