AS BALAS DAS ESCOLAS, PRESENTADAS OFICIALMENTE. MADERAS BARCIA RENOVA O PATROCINIO PARA A TEMPORADA 2015 2016.

Onte martes 11 de agosto presentouse a armada de atletismo no Municipal de Sta. Cruz. Estiveron presentes Francisco Rivas (Concelleiro de Deportes) e Pablo Maseda (Presidente das Escolas); así como os adestradores e colaboradores para esta nova temporada e que xa estiveron na fructífera temporada pasada: Rubén García, Martín Pardiñas e Ismael Vallines. Rubén e Martín encargaranse das disciplinas de carreiras e saltos mentres que Ismael centrarase no sector de lanzamentos.

No día de onte firmouse tamén o convenio de renovación de patrocinio de Maderas Barcia para as disciplinas de atletismo e fútbol sala. Despois da firma do convenio, Javier Barcia(representante de Maderas Barcia) estivo presidindo xunto con Pablo Maseda a foto de presentación do equipo de atletismo.

Todos os alumn@s que o desexen poden incorporarse á sección antes do 23 de setembro; día que finaliza o prazo para incorporarse ás Escolas Deportivas. As edades van dende a categoría benxamín (2008/2007) ata a xuvenil(98/97) pasando por alevíns, infantís e cadetes. A sección reanuda os seus adestramentos o vindeiro martes día 18 de agosto ás 19:00 horas; aínda que éste fin de semana xa participan nas Populares de Vegadeo e Foz.

Para anotarse debedes de entregar a ficha de inscripción nas dependencias municipais do Concello de Lourenzá dende as 9,00 ás 14,00 horas ou ben vía intranet simplemente cumprimentando unhos datos a través da páxina www.edlourenza.blogspot.com; igual que para o resto de disciplinas das escolas.

AS BALAS DAS ESCOLAS, PRESENTADAS OFICIALMENTE. MADERAS BARCIA RENOVA O PATROCINIO PARA A TEMPORADA 2015 2016.
AS BALAS DAS ESCOLAS, PRESENTADAS OFICIALMENTE. MADERAS BARCIA RENOVA O PATROCINIO PARA A TEMPORADA 2015 2016.