O vindeiro domingo día 7 de febreiro disputarase o Campionato Provincial de Cross no Fluvial de Lugo para as categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos. O evento está organizado pola Delegación Lucense de Atletismo e polo Club Fluvial de Lugo.
Paralelamente a este evento, se disputará o I Cross Club Fluvial de Lugo para as categorías de menores, dende benxamín a cadete. As probas comenzarán a partir das 11 da mañá e no mesmo estarán presentes os principais clubs da provincia nos primeiros entorchados provinciais da temporada.
Esta proba que estaba inicialmente prevista para o 10 de xaneiro, viuse obligada a súa suspensión polas inclemencias meteorolóxicas
Das Escolas estarán:
Benxamíns: Xabi Sordo, Aarón Millares, Iria Rguez, Henar Méndez, Emma García, Cecilia Gómez.
Alevíns: Ian Méndez, Valeria Álvarez, Carmen García e Diana Lastra.
Infantis: Ainara Rguez, Ana Vallines, Carme Alonso, Marta Alonso, Hiba Bouzar, Ainhoa López, Nicolás Álvarez, Hugo Villalba.
En Cadetes Claudia Graña.
E No provincial Xuvenil Pablo Irimia, Luís López, Carmen L. Diniz, Genito Pérez.
Ademáis estará presente o clube Atletismo Lourenzá (Categoría Senior) onde participarán Oscar Buján (será un dos favoritos ó título provincial) acompañado de Luís Graña, Rubén Méndez, Marcos Rguez., Mohamed Bouyzar e Pachicho Sordo.