A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU A ENTREGA DOS PREMIOS DA FASE LOCAL DO CERTAME DE POESÍA INFANTIL NADAL 2015

A biblioteca municipal de Lourenzá acolleu a entrega dos premios da fase local do certame de poesía infantil Nadal 2015. Ao acto asistiron a alcaldesa, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Os premiados son Diego Huertas Rivas, Nerea Álvarez Valea, Adriana Polo González e Antía Lillo Irimia.

A alcaldesa destacou “a calidade dos traballos presentados, que mostran a gran creatividade e orixinalidade dos participantes” e explicou que “certames coma este potencian o desenvolvemento e imaxinación dos rapaces”.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU A ENTREGA DOS PREMIOS DA FASE LOCAL DO CERTAME DE POESÍA INFANTIL NADAL 2015