A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL CONVOCA OS CERTAMES DE NARRACIÓN E DE DEBUXO INFANTÍS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

A biblioteca pública municipal de Lourenzá convoca un ano máis os certames infantís de narración e de debuxo para conmemorar o Día das Letras Galegas 2015. O tema elixido para esta edición é Da ciencia á ficción: o home na lúa, os robots, a realidade virtual, …

Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. O prazo de presentación dos traballos na biblioteca municipal remata o vindeiro 8 de maio.

O xurado seleccionará un máximo de tres traballos por cada modalidade e categoría e os premiados nesta convocatoria local participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

O fallo do xurado local farase público antes do Día das Letras Galegas.