LIDIA BARREIRA LOGRA UNHA VEZ MÁIS METAL AUTONÓMICO NO TRIPLE SALTO(10,15) NO CTO. GALEGO CADETE ONTE EN FERROL
Nova xesta histórica da Atleta do Maderas Barcia Lourenzá Lidia Barreira no día de onte na cita autonómica Cadete celebrada en Ferrol. Medalla de bronce no Triple salto logo dun mellor salto de 10,15. Por diante dela, 1ª a atleta do Barbanza Angela Rguez.(10,47) e segunda Natalia Vilariño(10,21). Ademáis Lidia participaba na final de lonxitude con 4,50(7ª) e remataba a xornada con un 8º posto en altura(1,37).
No Cto. Galego participou ademáis a atleta Claudia Graña que ocupaba a 5ª posición dos 100 valados con un tempo de 18,87.
O Laurentino Aarón Rivas logra a medalla de bronce no Cto. Galego Xuvenil na proba de 1500 disputada no día de onte en Vigo
O Atleta de Lourenzá Aarón Rivas vinculado ó Lucus Caixa Rural de Lugo logrou no día de onte un novo metal no seu palmarés ó acadar a medalla de bronce na proba de 1500 metros lisos á realizar un tempo de 4 minutos e 25 segundos.
No Cto. Galego tamén acudiron formando parte das Escolas Lourenzá Nerea Bajatierra que rematou na 6ª posición na final de peso con un mellor lanzamento de 9 metros e 63 centímetros e Genito Pérez estivo na final de salto de altura obtendo a 8ª posición con un salto de 1,50.