CARME ALONSO VENCE NA XII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2016
O pasado venres desprazábanse varias balas das Escolas á carreira popular con motivo da feira do viño de Quiroga. Vencía na Categoría Infantil Feminino CARME ALONSO. Ademáis participaron Xabi Sordo, Marcos Graña, Cecilia Gómez, Claudia Graña e Marta Alonso.
TRIUNFOS DE HENAR E XABI, PRATAS PARA IRIA, AINARA E IAN NA II CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARIN
O domingo pasado día 27 de marzo as balas non podían faltar a unha nova cita de populares, neste caso en Portomarín.
En Prebenxamín victorias para Xabi Sordo en masculino e para Henar Méndez en feminino. En Benxamín/Alevín pratas para Iria Rguez en feminino e Ian Méndez en masculino. En Infantil/Cadete/Xuvenil prata para Ainara Rguez. só superada pola recente Campiona de España en 3000 do Lucus Sara López. Ademáis 4º posto para Carme Alonso, 8º para Marta Alonso e 5º para Cristian Piñeiro.