O pasado domingo tivemos 2 representantes das Escolas no tradicional cros de Cabanas en Ferrol. Carmen García impoñíase na categoría de menores (benxamín/alevín) con un tempo de 3,55 sobre un percorrido de 1000 metros polo areal de Cabanas. En segundo lugar entraba Inés López (C.A. Sada) e acompañábaas no pódium Alba Pena de C.A. Narón.
Ademáis a súa compañeira Emma García obtiña a 10ª posición na mesma categoría.
A vindeira cita para a sección será o vindeiro sábado día 6 de agosto participando varios dos seus integrantes na prestixiosa Milla de Ares.