Carmen López Diniz, atleta do Maderas Barcia Lourenzá puxo colofón a unha gran temporada deportiva impoñéndose na última proba da Copa Galega Junior de Montaña.
A cita tivo lugar o pasado domingo en Ponteareas, no Trail Arcos 2017 cun percorrido de 16 kilómetros e un desnivel acumulado de 1050 metros.
Carmen invirtiu na proba un total de 2 horas e 58 minutos chegando ó cumio en 13ª posición feminina e 1ª clasificada junior.
Proclamábase así con esta última proba Campiona Galega Junior e pecha así unha temporada brillante!!!
Agora retomará os seus estudios de medicina en Valencia que comenzou este curso e intentará seguir practicando atletismo unha temporada máis e sobre todo de montaña, posto que a federación faralle un seguimento especial ó igual que ós cadetes das Escolas Xana Rguez. e Cristian Piñeiro!!!
Noraboa, Campiona!!!