Tras dúas probas disputadas e con 5 pendentes de realizarse, Carmen López Diniz sitúase ó fronte da categoría junior feminina na disciplina de carreiras de montaña do Campionato Autonómico,logo de vencer na Toxiza en Mondoñedo e de conseguir un novo triunfo a semana pasada na carreira Camovi(montes de Viveiro).
Carmen, que ten como maior especialidade en atletismo o triplo salto (está entre as mellores no ránking galego) optou esta temporada por esta dura disciplina que coa forza que posee está comenzando a dar os seus froitos. Comparte sinerxias tamén coa xuvenil Xana Rodríguez, e entre ambas seguro que darán moito que falar nos vindeiros anos nas carreiras da montaña.
Noraboa!!! Seguimos!!!! Go!!!