A Casa da Xuventude de Lourenzá acollerá un curso de cestería de reciclaxe. Esta actividade, que está destinada a persoas adultas, desenvolverase os luns de catro a sete e media da tarde desde o día 14 deste mes de novembro ata o 19 de decembro. A inscrición e gratuíta e o prazo remata este venres, día 11.
Os interesados en participar deben apuntarse nas oficinas da Casa do Concello de Lourenzá ou chamando ao teléfono 982.12.10.06. Para que se celebre o curso é necesario que haxa un mínimo de once persoas inscritas.
Este curso está organizado polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo, a través do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad).