Lourenzá, 13 de xuño de 2013. Catro escolares de Lourenzá resultaron premiados na fase provincial do certame das Letras Galegas 2013, cuxa temática era A toda máquina.
Os galardoados son María Sánchez Villalba, co segundo premio na categoría A de debuxo; Jerom Moirón Trigo, con accésit na categoría A de narración; Javier Álvarez Méndez, co segundo premio na categoría B de narración; e Antía Lillo Irimia, con accésit na categoría B de narración.
En representación do Concello de Lourenzá a edil delegada de Cultura, Lupe Flórez Seivane, felicita publicamente aos catro premiados e anuncia que a entrega dos galardóns terá lugar nas dependencias da Biblioteca Provincial Lugo mañá, venres, día 14.