A CELEBRACIÓN DO DOMINGO DE PIÑATA, CO DESFILE DE ENTROIDO, OCASIONARÁ CAMBIOS NO TRÁFICO ESE DÍA. ANÚNCIAO A ALCALDESA A TRAVÉS DUN BANDO

A celebración do Domingo de Piñata en Lourenzá, co desfile de Entroido, ocasionará cambios no tráfico este día. Así o anuncia a alcaldesa, Rocío López García, a través dun bando.

A rexedora explica que este vindeiro domingo, día 5 de marzo, “permanecerán cortadas ao tráfico dende o comezo do desfile, ás 16:30 horas, ata o remate do mesmo as seguintes rúas: Ponte de Cuñas, dende a saída do Mercado Comarcal Gandeiro, Avenida do Val, Rego Vilazo, Doutor Rubiños, Campo da Feira, Praza Linares Rivas, Avelino Montero Villegas, Travesía da Mariña, Francisco Fernández del Riego, Muíño do Frade e Secretario Luis Iglesias. Así mesmo comunícase que se prohibe aparcar dende as 9 da mañá do mencionado día 5 de marzo nas mencionadas rúas, en Casas Novoa e na estrada que vai por detrás do Mercado Comarcal Gandeiro e comunica coa que leva a Trabada. A parada de autobús ese día trasládase á rúa Calvo Sotelo (xunto ó bar Cabaleiros) e a de Arroxo parará a estar situada xunto ao bar A Voltiña (en Grove, ao carón da estrada xeral)”.

Descargar bando en PDF