Lourenzá, 30 de xuño de 2013. Cerca de un centenar de mulleres participaron no encontro de asociacións de amas de casa celebrado onte, sábado, en Vilanova de Lourenzá.
As participantes no evento foron recibidas ás portas da Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e pola concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, quenes posteriormente interviñeron xunto coa presidenta da asociación de amas de casa Baos, de Lourenzá, María José Jiménez Torres, na recepción oficial que houbo no salón de actos. Cada unha das presidentas das nove asociacións recibiron un agasallo do Concello.
A continuación visitaron o Centro de Interpretación da Faba, a Igrexa e o Museo de Arte Sacra e finalmente participaron nun xantar que tivo lugar nas instalacións do mercado gandeiro comarcal. Ao remate a presidenta do colectivo das amas de casa de Lourenzá entregou un agasallo conmemorativo e un ramo de flores ás responsables das asociacións convidadas, á alcaldesa e á concelleira de Cultura. E tamén houbo un agasallo para cada unha das comensais presentes, que foi un abano de cores coa data do encontro.