Lourenzá, 8 de xuño de 2013. Cinco nenos e nenas membros das escolas deportivas municipais Lourenzá-Mondoñedo acadaron medallas no campionato galego de atlestismo celebrado hoxe en Vilagarcía de Arousa, polo que reciben a felicitación da alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao; do concelleiro de Deportes, Pablo Maseda, e do Concello de Lourenzá.
“Tivemos dúas medallas de ouro: unha en lanzamento de peso, para Hugo Rodríguez, e outra en 2.000 metros lisos, para Ana Vallines. Tamén dúas de plata: para Adnam Ithir en pelota e para Bruno Santos en peso. E unha de bronce para Ainara Rodríguez en mil metros”, explicou a rexedor municipal de Lourenzá, quen tamén felicitou “á nena do colexio Martínez Otero que gañou unha medalla de ouro en pelota”.
Emma Álvarez fixo ademais “un pequeno recoñecemento a Hiba Boyzar, a nosa atleta laurentina que tras un caída no campionato provincial non puido participar hoxe senón seguro que tamén acadaría unha medalla”.
A alcaldesa manifestou que “con estas medallas vese culminado o traballo que fan as escolas deportivas municipais e dalgunha maneira isto xustifica o esforzo que fai o Concello de Lourenzá para poder mantelas”.