COMEZARON AS OBRAS PARA MELLORAR A AVENIDA DE SOUTELO CUN INVESTIMENTO DE 60.500 EUROS APORTADOS POLA XUNTA A TRAVÉS DUN CONVENIO ASINADO CO CONCELLO. OS TRABALLOS FORON SUPERVISADOS HOXE POLO CONCELLEIRO DINO VIDAL

Lourenzá, 23 de agosto de 2013. Comezaron as obras para mellorar a avenida de Soutelo, que é a vía de acceso ao colexio público Juan Rey, ao polideportivo, ao Punto de Atención á Infancia, a Casa da Xuventude e aos núcleos de Soutelo e Alaxe dende a estrada LU-122. Esta actuación conta cun investimento de 60.500 euros que aporta a Xunta de Galicia a través dun convenio asinado pola alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

Os traballos foron supervisados hoxe polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Dino Vidal, quen explicou que “empezaron as obras para mellorar o acceso ao colexio Juan Rey desde a estrada LU-122 cunha inversión de 60.500 euros. Vai quedar aglomerada tamén a avenida de Soutelo para que quede toda a zona nunhas condicións moito mellores das que tiña ata o momento”.