COMEZOU ONTE A TERCEIRA EDICIÓN DO CAMPIONATO DE PARCHÍS PARA ADULTOS QUE ORGANIZA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Lourenzá, 27 de outubro de 2017. O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que onte, xoves, deu comezo a terceira edición do campionato de parchís para adultos que organiza a biblioteca municipal de Lourenzá. Anotáronse seis parellas, das que sairá unha gañadora despois de enfrontarse entre elas polo sistema de liga.

COMEZOU ONTE A TERCEIRA EDICIÓN DO CAMPIONATO DE PARCHÍS PARA ADULTOS QUE ORGANIZA A BIBLIOTECA MUNICIPAL