A CONCELLERÍA DE CULTURA CONVOCA O II CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO, QUE INCLÚE NOVIDADES NOS PREMIOS

A Concellería de Cultura convoca a segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que inclúe novidades nos premios.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “as bases están publicadas na páxina web do Concello e o prazo para que as compañías se inscriban remata o 28 de setembro. As representacións desenvolveranse durante o mes de novembro e o certame rematará cunha gala de entrega de premios que terá lugar en decembro”.

Manuel Arango destaca que “as novidades deste ano son un aumento da dotación do premio á mellor representación, que pasa de 600 a 750 euros. E establécese un novo premio, que se decidirá por votación do público asistente ás representacións. Cada grupo seleccionado polo xurado para representar a obra no certame recibirá 300 euros en concepto de participación, desprazamentos, montaxe, etcétera”.

O edil rematou comentando que “despois da boa acollida que tivo a primeira edición agardamos que esta segunda edición sexa un éxito, tanto de compañías participantes como de público”.

Descargar bases (PDF)